–O IES ROSALÍA DE CASTRO NO PARLAMENTO EUROPEO–

O Parlamento europeo celebra o venres a xornada de Euroscola, debate no que participarán 24 alumnos do IES Rosalía de Castro

 A Cámara de Estrasburgo acollerá ese día a quiñentos bachilleres que se organizarán en seis comisións

 Un grupo de 24 alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela viaxa a Estrasburgo para participar o venres, 7 de abril, nun debate no Parlamento europeo ao que concorren uns quiñentos alumnos de 1º de Bacharelato doutros países. Asisten acompañados dos profesores Xabier Mouriño e Dolores García, e tras superar unha eliminatoria previa. É a quinta vez consecutiva que gañan esta convocatoria e, nesta xeira –porque hai varias ao longo do ano–, é o único grupo español.

 

A xornada arrancará coa constitución de seis comisións de traballo, para logo debater en pleno, emulando a propia rotina parlamentaria. Os temas sobre os que está programado discutir son medio ambiente e enerxías renovables; seguridade e dereitos humanos; axuda ao desenvolvemento; o futuro de Europa; migración e integración; e emprego xuvenil. Así que cada grupo reflexionará sobre o seu tema antes da posta en común. A mesa do Parlamento estará por tanto composta por seis membros, que serán elixidos alí mesmo.

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio Novas e Eventos –O IES ROSALÍA DE CASTRO NO PARLAMENTO EUROPEO–