ENTREGA DO II PREMIO "STEPHEN HAWKING ROSALÍA-ABANCA"
- Detalles
- Visitas: 1271
O Premio Stephen Hawking concedeu o primer Premio ao traballo da alumna de 2º de bacharelato internacional do Instituto Rosalía Esther Revenga, polo seu traballo “Nanopartículas y susceptibilidad magnética: influencia del metal de transición” e fixolle a entrega o Premio Nobel de Química Jean Pierre Sauvage.
O profesor Sauvage foi o coordinador do Premio nesta segunda edición.
Desde primeiras horas da tarde estivo no Instituto Rosalía participando nun coloquio cos alumnos e presidindo a entrega do Premio á que asistiú tamén a Conselleira de Educación, Dª Carmen Pomar, o Concelleiro de Educación, D.Manuel Dios, o inspector do Instituto, D. Manuel Guerra, o Presidente do CIQUS, D. José Luis Mascareñas, e o Representante de Abanca, D. José Manuel Vilariño.
Na foto, todos eles co Profesor Sauvage acompañados polo Director do Rosalía, D. Xabier Mouriño, e do Presidente da Asociación Cultural "Instituto Rosalía de Castro", D. Ubaldo Rueda.
O resto dos premios entregados foron:
3º PREMIO ex-aequo:, para
- “Los cuasicristales, el cristal del espacio”, do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense realizado por Ricardo Ferreiro de Aguiar; e “Mosaico de cuasicristales”, do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense realizado por Laura Paz Somoza_________________________________________
- ”Evaluación de toxicidad de nanopartículas de Au y Ag”, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro realizado por Julia Gómez Ferro; e “Presencia de capsaicina, una molécula con importantes efectos terapéuticos, en los pimientos de Padrón”, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro realizado por Celia Fernández Rial__________________________________________
2º PREMIO, para
- “Celdas orgánicas solares” do IES Pintor Colmeiro e realizado por Ánxela Quintáns, Xoana Rivas, Lara Silva e Encarna Oleiro___________________________________________
-_”Determinación cuantitativa de moléculas perjudiciales para la salud en el humo del tabaco” do IES Plurilingüe Rosalía de Castro realizado por Iago Carballo__________________________________________
Na foto todos os alumnos premiados e participantes co Premio Nobel, Jean Pierre Sauvage, co Xurado e con todos os colaboradores.