A MULLER NA CIENCIA

O luns, 11 de febreiro, celebramos no Auditorio do centro o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia co todo o alumnado de 1º de bacharelato. Varias ex alumnas do instituto viñeron contarnos a súa experiencia: Begoña Ares (Medicina), Eva Codesido (GalChimia), Alba Salgado (Farmacia) e Sara Martínez (Medicina). Outras enviáronnos un vídeo: Isabel Iglesias Platas (Medicina), Marta Iglesias Platas (Química), Ana María Iglesias Platas (Telecomunicacións), Sara Bernárdez (Bioloxía), Marta Pita (Física e Matemáticas), Ana Gómez Varela(Física).

Con esta actividade pretendemos visibilizar o papel fundamental que moitas mulleres -neste caso ex alumnas do centro- están desenvolvendo no ámbito da ciencia. Desexamos que as mulleres poidan escoller libremente a carreira que desexan facer, e para iso debemos avanzar na elminación de certas barreiras -sobre todo culturais- que impiden esa liberdade. O xénero non debe ser en ningún caso un impedimento na elección da carreira.