OLIMPIADA DE FILOSOFÍA

Alexandre Soto Rodríguez, de 1º curso do Bachillerato Internacional do Instituto Rosalía de Castro, obtivo o Primeiro Premio na modalidade de disertación da 6ª Olimpiada de Filosofía celebrada na Facultade de Filosofía o día 14 de marzo. O tema da disertación, que preparou co seu profesor Manuel Lama, versaba sobre Aparencia fronte a realidade. Alexandre defendeu que "Instintivamente preferimos a realidade como método de supervivencia, pero conscientemente somos capaces de enfrontarnos a realidades negativas". A finais de abril acudirá a Málaga para participar na fase nacional da Olimpiada.