Prazo de admisión para solicitar praza en ESO e Bacharelato dende o día 11 ate o 18 de maio.
(Só para alumnado novo, que non estea matriculado no IES Rosalía de Castro no actual curso)
O centro permanecerá aberto entre as 9:30 e as 14:00 horas
Outros prazos do proceso:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.