INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
- Detalles
- Visitas: 4740
Prezadas familias:
Reiteramos as disculpas por non poder informalos antes sobre o inicio do curso. Desde hai semanas levamos traballando día e noite para buscar unha organización do curso que respecte a medida de seguridade de 1,5 metros e ao mesmo tempo garanta un ensino de calidade. Como vostedes saben, o espazo das nosas aulas é moi reducido e con esa medida temos que facer moitos máis grupos de clase: case o dobre na ESO e a metade máis no bacharelato. Con tantos grupos non é posible encaixalos todos nunha soa franxa horaria, polo que a ESO vai ser pola mañá, entrada ás 8.45, e o bacharelato pola tarde, desde as 16.00, segundo indicacións da Administración Educativa.
O bacharelato vai ser presencial grazas ao sobresforzo e o compromiso que asumiu o profesorado do centro para atender os desdobres de bacharelato que fixemos a maiores.
Na páxina web do centro manterémolos informados do inicio do curso escolar.
Saúdos cordiais,
A dirección