PROBA LIBRE DE ESO
EXAME : VENRES 21 DE MAIO
As probas levaranse a cabo no pavillón polideportivo do instituto ao que se accede pola parte de atrás do centro por unha cancela situada entre o instituto e o edificio da policía na rúa Rodrigo de Padrón.
O chamamento para o ámbito científico-tecnolóxico farase a partir das 8:45 horas
As probas realizaranse no horario seguinte:
9.30 h. a 12.00 h. |
Ámbito científico-tecnolóxico |
12.15 h. a 13:15 h. |
Ámbito social |
16.00 h. a 19:00 h. |
Ámbito da comunicación |
As listaxes provisionais de cualificacións publicaranse na páxina web do centro www.iesrosalia.net e na web da consellería www.edu.xunta.gal o día 3 de xuño.
O período de reclamación será ata o día 10 de xuño ás 14 horas e as listaxes definitivas publicaranse o día 11 de xuño.