RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR - Calendario e prazo de presentación de candidaturas
- Detalles
- Visitas: 685
De conformidade coa Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
A Xunta Electoral, unha vez constituída o día 2 de novembro e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar o calendario de actuacións e a publicación no taboleiro de anuncios das convocatorias dos distintos sectores educativos, así como dos seus correspondentes censos electorais que están á súa disposición na conserxería do centro.
Prazo de presentación de candidaturas: do 5 ao 15 de novembro
As candidaturas para os distintos sectores presentaranse na Secretaría do centro, segundo o modelo dispoñible na mesma.
Máis información nos documentos adxuntos