CONVENIO CO CONCELLO PARA A FINANCIACIÓN DO BACHARELATO INTERNACIONAL

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Xavier Mouriño, asinaron en Raxoi o convenio de colaboración para o financiamento do Bacharelato Internacional, en virtude do cal o Concello achega 6.208 euros.