DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
- Detalles
- Visitas: 695
O venres, 12 de novembro, publicouse no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 que regula os criterios e o procedemento da distribución de máscaras.
ALUMNADO DESTINATARIO
O alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria que:
- Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (curso 2021-22)
- Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € ou estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
- O prazo de presentación de solicitudes é do 15 ao 26 de novembro de 2021.
- Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.
- Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.
- As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na secretaría do centro.
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a documentación complementaria recollida na Orde do 28 de outubro de 2021.