CAMBIOS NA AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN

O Real Decreto 984/2021, do 16 de novembro, establece cambios na avaliación, promoción e titulación na Educación Primaria, a Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional.

Para adecuarse a esa norma, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a Orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG, 11 de febreiro), pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

A continuación ofrecemos varios documentos nos que as familias poden acceder a un resumo dos cambios que trae a nova normativa: elaboramos un documento por cada unha das etapas afectadas. Así mesmo, coa supresión da avaliación extraordinaria na ESO, modificouse o calendario de avaliación desta etapa do mes de xuño.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio Novas e Eventos CAMBIOS NA AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN