INFORMACIÓN SOBRE AS CUALIFICACIÓNS E O PROCESO DE RECLAMACIÓNS 1ºBACH

1º DE BACHARELATO (ORDINARIO)


PUBLICACIÓN DAS NOTAS: As cualificacións da avaliación ordinaria de 1º de
bacharelato publicaranse en ABALAR o día 6 de xuño ás 23:00h. Quen desexe o boletín
de cualificacións en papel pode solicitalo na secretaría do centro.


INFORMACIÓN SOBRE AS CUALIFICACIÓNS: Aqueles/as alumnos/as que
desexen algunha información sobre a súa cualificación deberán manifestalo por escrito,
mediante solicitude presentada en conserxería o día 7 de xuño ata as 10:30 horas. O
profesorado atenderá aos alumnos/as o mesmo día 7 ás 12:00 horas na Xefatura de
estudos.


RECLAMACIÓNS ANTE O CENTRO: Regulado na Circular 1/2022 da Secretaría
Xeral de Educación e Formación Profesional.
No caso de que o alumno/a non quedara conforme coa información dada polo profesor/a
da materia, pode elevar unha reclamación ante o Centro os días 8 e 9 de xuño. A
solicitude deberá ser presentada en modelo oficial que estará dispoñible na secretaría do
centro.
O/a alumno/a que realizou a reclamación ante o centro poderá recoller a resolución o día
13 de xuño en horario de 12:00 h a 14:00 h.
No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa
cualificación final, o/a alumno/a poderá presentar por escrito (modelo oficial) á
dirección do centro docente os días 14 e 15 de xuño reclamación ante a Xefatura
territorial.

Boletín de Novas

Suscríbete ao noso boletín de novas e mantente informado ao momento.

Contacta con nós

Nuestros datos de contacto son los siguientes:.

O Rosalía nas Redes Sociais

Estamos en las redes sociales. Síguenos!.
Vostede está aquí: Inicio Novas e Eventos INFORMACIÓN SOBRE AS CUALIFICACIÓNS E O PROCESO DE RECLAMACIÓNS 1ºBACH